Mostrando entradas con la etiqueta dia muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia muller traballadora. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe é 8 de marzo e conmemórase o "Día Internacional da Muller", orixinalmente chamado Día Internacional da Muller Traballadora; dende a nosa asociación non queremos esquecer este importante día na vida da muller, xa que supón un logro recoñecido na súa independencia.


martes, 8 de marzo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, día 8 de marzo conmemórase o "Día Internacional da Muller", e dende a nosa asociación queremos apoiar a causa, facémolo dunha maneira moi sinxela pero non por iso menos significativa; queremos contarvos como xurdui o Día Internacional da Muller.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente chamado Día Internacional da Muller Traballadora, celébrase o día 8 de marzo e está recoñecido pola Organización das Nacións Unidas, ONU. Neste día conmemórase a loita da muller pola sua participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa. É festa nacional nalguns países.
A idea dun día internacional da muller surdiu o final do s. XIX, en plena revolución industrial e durante o auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia e reflexada por Aristófanes na súa obra Lisístrata, que conta como Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra, e que se viu reflexada na Revolución francesa: as mulleres parisinas, que pedían libertade, igualdade e fraternidade, marcharon hacia Versalles para exixir o sufraxio feminino, pero non foi sino ata os primeiros anos do s. XX cando comenzouse a proclamar, dende diferentes organizacións internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.

.

martes, 2 de marzo de 2010

1º Premio "MULLER POLA IGUALDADE" 2010


A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade, que ten como fin primordial favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero así como mellorar a vida diaria das mulleres que viven no medio rural, convoca o I Premio “MULLER POLA IGUALDADE” 2010, co obxectivo de homenaxear (visibilizar) a unha muller polo seu prestixio ou por haber contribuído de modo relevante a mellorar a dignificación da figura da muller camariñá.

Bases do premio

I. Nominacións

· 1. Poderán ser nominadas veciñas de todas as parroquias do concello de Camariñas de calquera ámbito ou sector social, que a data actual non estén falecidas.

· 2. As nominacións poden ser propostas por persoas independentes ou de calquera tipo.

· 3. As nominacións pódense realizar de diversas maneiras:

a) Cubrindo a ficha de nominacións e meténdoa nas urnas dispostas para o caso, que se atoparán ubicadas en distintos sitios de todas as parroquias do concello.
b) Solicitando a ficha e devolvéndoa cuberta a seguinte dirección de correo electrónico mullercamarinas.igualdade@gmail.com
c) Cubríndoa directamente en www.diariocamarinan.com,
d) Descargando a ficha de nominacións nos seguintes blogs, o da asociación mullerespolaigualdade.blogspot.com ou no de Camelle quepasaencamelle.blogspot.com.

· 4. Valorarase como perfil das mulleres nominadas:
a) Que sexa unha muller emprendedora, loitadora...
b) Que rompera os estereotipos da sociedade patriarcal, (na casa, loitando nun taballo masculinizado...).
c) Aportación na igualdade de oportunidades a sociedade camariñá.

· 5. A prórroga das nominacións comeza o luns día 8 de marzo de 2010. Día da Muller Traballadora.

· 6. A data de peche da prórroga das nominacións será o luns 5 de abril de 2010.

II. Elección

· 7. Seleccionaranse as mulleres máis significativas según o perfil mencionado anteriormente, de entre todas as nominacións recibidas, quedando a criterio da Xunta Directiva da asociación nomear 3 ou 5 finalistas según o número e tipo de nominacións recibidas. Emitirase un comuncado de prensa co nome das finalistas e publicarase tamén nas páxinas webs arriba mencionadas.

· 8. Un xurado presidido pola presidenta da asociación, e composto por mulleres, estudará as nominacións das finalistas, de entre as cales será elixida a “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas.

· 9. A decisión do xurado darase a coñecer nun acto público que terá lugar en Camariñas o 1 de maio de 2010.

· 10. A decisión do xurado será inapelable.

III. Premios

· 11. A muller elixida como “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas recibirá un agasallo conmemorativo do premio e será nomeada “Socia Honorífica” da Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.



PATROCINA:





Descarga aquí a Ficha de Nominacións e mandanosla cuberta ó e-mail da asociación do 8 de marzo ó 5 de abril de 2010.