lunes, 12 de abril de 2010

FINALISTAS 1º Premio "MULLER POLA IGUALDADE" 2010


Dende a a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade temos o pracer de comunicarlles o nome das tres finalistas do I Premio "MULLER POLA IGUALDADE" 2010 Camariñas. No acto de entrega do premio, que terá lugar no salón de actos da Casa da Pedra en Camariñas o vindeiro sábado 1 de Maio do 2010 as 18:00 h., darase a coñecer o nome da gañadora.

As finalistas elixíronse de entre máis de 70 nominacións recibidas, polo que foi unha selección difícil, valorándose primordialmente o perfil descrito nas Bases do premio; que foran mulleres emprendedoras, loitadoras, que romperan os estereotipos da sociedade patriarcal (na casa, loitando nun traballo masculinizado...), e a súa aportación na igualdade de oportunidades a sociedade camariñá. Quedando como as tres finalistas:

-Divina Quiza Carril, unha muller que sobresaíu pola súa loita familiar, sacando adiante a cinco fillos ela soa; igualando o seu esforzo e traballo ao de calquera home ó traballar sen descanso durante todo o día e tamén pola noite en multiples traballos, a maioria deles desempeñados por homes. De día traballou nunha empresa de transporte de mercancias varias cargando e descargando os camións (sendo a maioría das mercancías moi pesadas, lavadoras, neveras, sacos de sal, caixas de bebida...), e pola noite no muelle descargando o peixe dos barcos... e nun sinfín de traballos diversos para poder ter que levarlle a boca os seu fillos.



-Dolores Bermúdez Rodríguez, presidenta da Asociación de Mariscadoras Areal de Camariñas e Vicepratroa maior da Cofradía de Pescadores de Camariñas. Muller que leva moitísimos anos loitando polos dereitos das mulleres mariscadoras, para que teñan un traballo digno e igualitario.





-Ana Mª Fondo Canosa, dona e conductora dunha empresa de transporte, Autos Fondo, foi unha das primeiras conductoras de autocares de Galicia, profesión vinculada case sempre os homes.




Invitamos a toda a cidadanía a que participe no homenaxe as finalistas asistindo o acto de entrega do premio, porque consideramos que o mellor homenaxe que lle podemos facer a todas as mulleres nominadas é compatir o premio con todos os veciños e coñecidos para darlles o noso apoio.