Mostrando entradas con la etiqueta violencia género. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia género. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de noviembre de 2011

TRASCURSO DA 2ª CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN CAMARIÑAS



Algunas mulleres e socias sosteñen a pancarta co eslogan da campaña


Por segundo ano consecutivo máis dun centenar de persoas asistiron onte as oito da noite a concentración en contra da violencia de xénero que organizamos dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.

O acto deu comezo cunha marcha que saiu da Praza do Concello, presidida pola directiva da nosa asociación portando a pancarta co lema do acto, as flores da ofrenda floral, e entre todas as persoas asistentes portáronse máis de 50 velas acendidas, unha por cada muller asasinada este ano victima de violencia de xénero. A pequena marcha chegou ata o malecón onde está situado o monumento a Muller, alí concentrámonos e deuse lectura a un breve manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vítimas da violencia de xénero no que levamos de ano.

Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puxeron unha vela acendida por cada unha das 56 vítimas deste ano aos pés do monumento, ao tempo ca presidenta nomeaba as vítimas unha a unha. Despois dun sentido aplauso pechouse o acto coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas.

Dende a asociación queremos agradecer a presenza de todas as persoas asistentes, por implicarse na causa e condenar públicamente a violencia de xénero. Grazas.


Saída da marcha da Praza do Concello

A presidenta lendo o manifesto


Unha vela acendida por cada vítima


Parte dos asistentes e do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas

miércoles, 16 de noviembre de 2011

MARCHA-CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

.



A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade quere invitar a todas as persoas do Concello de Camariñas e da comarca a participar e condenar públicamente a situación de violencia de xénero que estamos a vivir na actualidade.

Pedímosvos que todos Abramos os Ollos e recordámosvos que “O silencio é unha forma de participar na violencia”.

Mediante una marcha-concentración que terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro as 20:00 h., Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, e que partirá da praza de Insuela (praza do Concello) de Camariñas, queremos facer especial fincapé nos casos de violencia de xénero mais graves, por rematar en morte, facendo unha pequena marcha e unha ofrenda floral polas víctimas asasinadas ao longo deste ano.

A asociación quere agradecer a colaboración que prestan para poder levar a cabo este acto o Concello de Camariñas, así como ao debuxante Rafa Navarro por conceder o uso do debuxo dos ollos que acompaña o lema desta campaña, Abramos os Ollos“.



.

jueves, 25 de noviembre de 2010

ASÍ FOI A CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Algunas socias da asociación sosteñen a pancarta co eslogan da campaña


Máis dun centenar de persoas asistiron hoxe as oito da noite a concentración en contra da violencia de xénero que organizamos dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade. O acto consistiu na lectura dun breve manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vítimas da violencia de xénero no que levamos de ano. Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puxeron unha flor por cada unha das 64 vítimas deste ano ao tempo ca presidenta nomeaba as vítimas unha a unha. Despois dun sentido aplauso pechouse o acto coa soberbia actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, que por primeira vez e en honor a causa interpretaron, traducida ó galego, a coñecida canción contra o maltrato de Amaral, "Salir corriendo".

Dende a asociación queremos agradecer a presenza de todas as persoas asistentes, por implicarse na causa e condenar públicamente a violencia de xénero. Grazas.


A presidenta lendo o manifesto


Unha flor por cada vítima


O Coro Municipal de Mulleres de Camariñas




lunes, 22 de noviembre de 2010

CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

...
Dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade queremos invitar a todas as persoas do Concello de Camariñas e da comarca a participar e condenar públicamente a situación de violencia de xénero que estamos a vivir actualmente.

Pedímoslles que Abran os Ollos e recordámoslles que “O silencio é unha forma de participar na violencia”.

Mediante unha concentración que terá lugar o vindeiro xoves 25 de novembro as 20:00h. fronte a Casa da Pedra de Camariñas, queremos facer especial fincapé nos casos de violencia de xénero mais graves, por rematar en morte, facendo unha ofrenda floral polas víctimas asasinadas este ano, que a data de hoxe xa van nada menos que 63 mulleres.

Dende a asociación queremos agradecer a colaboración que nos prestan para poder levar a cabo este acto a Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas, así como ao debuxante Rafa Navarro por concedernos o uso do debuxo dos ollos que acompaña o lema desta campaña, Abramos os Ollos“.