sábado, 26 de noviembre de 2011

TRASCURSO DA 2ª CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN CAMARIÑAS



Algunas mulleres e socias sosteñen a pancarta co eslogan da campaña


Por segundo ano consecutivo máis dun centenar de persoas asistiron onte as oito da noite a concentración en contra da violencia de xénero que organizamos dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.

O acto deu comezo cunha marcha que saiu da Praza do Concello, presidida pola directiva da nosa asociación portando a pancarta co lema do acto, as flores da ofrenda floral, e entre todas as persoas asistentes portáronse máis de 50 velas acendidas, unha por cada muller asasinada este ano victima de violencia de xénero. A pequena marcha chegou ata o malecón onde está situado o monumento a Muller, alí concentrámonos e deuse lectura a un breve manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vítimas da violencia de xénero no que levamos de ano.

Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puxeron unha vela acendida por cada unha das 56 vítimas deste ano aos pés do monumento, ao tempo ca presidenta nomeaba as vítimas unha a unha. Despois dun sentido aplauso pechouse o acto coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas.

Dende a asociación queremos agradecer a presenza de todas as persoas asistentes, por implicarse na causa e condenar públicamente a violencia de xénero. Grazas.


Saída da marcha da Praza do Concello

A presidenta lendo o manifesto


Unha vela acendida por cada vítima


Parte dos asistentes e do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas

No hay comentarios:

Publicar un comentario