Colabora

ENTREGA DA CESTA DE NADAL 2010 


O número premiado no sorteo da cesta de Nadal é o  0013 que coincide coas 3 últimas cifras do  Gordo da loteria do Neno do 6 de xaneiro de 2011. A persoa agraciada coa rifa é veciña do Concello de Cambre. Noraboa.


A cesta sorteouse primeiramente co Gordo da Loteria de Nadal, pero transcurridos 10 días do sorteo a presoa agraciada non apareceu, polo que se volveu a sortear, tal e como poñía nas rifas, coa loteria do Neno .





Se queres colaborar con nós podes facelo ata o 21 de decembro comprando as rifas da asociación coas que sorteamos UNHA CESTA DE NADAL. A persoa gañadora será a que posua o número que coincida coas tres últimas cifras do Gordo do Sorteo da Loteria de Nadal do 22 de decembro de 2010. O gañador ou gañadora disporá de 10 día para recoller o premio, no caso de que transcurrido ese prazo non aparecese ou o número agraciada non foxe vendido, volverase a rifar coas mesmas rifas co Sorteo do Neno do 6 de xaneiro de 2011.

Para adquirir as rifas so tes que charmarnos ó teléfono da asociación ou solicitalas ó correo electrónico que atoparás no apartado "Contacto" deste blog.

Tamén podes facelo achegándote a Administración de Loterias Bolboreta de Camariñas onde as temos expostas á venta.






GAÑADORA RIFAS 1 DE MAIO 2010


O número premiado no sorteo da cesta é o  0052 que coincide coas últimas cifras do sorteo da once do 16 de maio. A persoa agraciada coa rifa é unha muller veciña da parroquia de Camelle. Noraboa.

O pasado sábado 1 de maio saiu no sorteo da once un número non vendido, polo que non tireses as rifas que se vai seguir sorteando día tras día co número da once ata que saia un número dos vendidos. En canto esto ocurra publicarémolo neste blog para que o saibades, e o gañador poda pasar a recoller a cesta que está exposta na Administración de Loterias Bolboreta de Camariñas.


Se queres colaborar con nós podes facelo ata o 30 de abril comprando as rifas da asociación coas que sorteamos UNHA GRAN CESTA DE PRODUCTOS. A persoa gañadora será oa que posua o número que coincida coas catro últimas cifras do número do Sorteo da Once do 1 de maio de 2010.

Para adquirir as rifas so tes que charmarnos ó teléfono da asociación ou solicitalas ó correo electrónico que atoparás no apartado "Contacto" deste blog.

Tamén podes facelo achegándote a Administración de Loterias Bolboreta de Camariñas onde as temos expostas á venta.