Mostrando entradas con la etiqueta igualdad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta igualdad. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de noviembre de 2011

TRASCURSO DA 2ª CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN CAMARIÑAS



Algunas mulleres e socias sosteñen a pancarta co eslogan da campaña


Por segundo ano consecutivo máis dun centenar de persoas asistiron onte as oito da noite a concentración en contra da violencia de xénero que organizamos dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.

O acto deu comezo cunha marcha que saiu da Praza do Concello, presidida pola directiva da nosa asociación portando a pancarta co lema do acto, as flores da ofrenda floral, e entre todas as persoas asistentes portáronse máis de 50 velas acendidas, unha por cada muller asasinada este ano victima de violencia de xénero. A pequena marcha chegou ata o malecón onde está situado o monumento a Muller, alí concentrámonos e deuse lectura a un breve manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vítimas da violencia de xénero no que levamos de ano.

Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puxeron unha vela acendida por cada unha das 56 vítimas deste ano aos pés do monumento, ao tempo ca presidenta nomeaba as vítimas unha a unha. Despois dun sentido aplauso pechouse o acto coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas.

Dende a asociación queremos agradecer a presenza de todas as persoas asistentes, por implicarse na causa e condenar públicamente a violencia de xénero. Grazas.


Saída da marcha da Praza do Concello

A presidenta lendo o manifesto


Unha vela acendida por cada vítima


Parte dos asistentes e do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas

miércoles, 5 de mayo de 2010

GAÑADORA 1º Premio "MULLER POLA IGUALDADE" 2010 Camariñas


Divina Quiza Carril recibindo o premio de man de Dona Mª Jesús Cerdeiras e da nosa presidenta Dona Karina Vázquez Romar


O pasado sábado 1 de maio na Casa da Pedra de Camariñas, celebrouse o acto de entrega do 1º Premio "Muller pola Igualdade" 2010 de Camariñas. Das tres finalistas, todas merecedoras do premio, resultou gañadora DIVINA QUIZA CARRIL.

Foi un acto moi emotivo, no que contamos coa presenza de máis de 140 persoas, no que houbo moitas risas e bágoas de emoción. A verdade e que resultou unha verdadeira homenaxe a todas as mulleres traballadoras e loitadoras de Camariñas, en especial as finalistas e sobre todo a Gañadora.

A nosa presidenta deu un pequeno discurso de presentación, xa que este foi o noso primeiro acto público, no que falou sobre os comezos da asociación e resaltou os fins polos que loitamos e traballamos.
Despois de agradecer a colaboración do patrocinador e das empresas e entidades colaboradoras, visualizamos un pequeno video co resumo dos méritos das tres finalistas, e inmediatamente despois deuse a coñecer o nome da gañadora.

Dona Mª Jesús Cerdeiras fixo entrega do premio, como representante da empresa patrocinadora, Industrias Cerdeimar; e a nosa presidenta fixo entrega da mención de Socia Honorífica a gañadora.
O final do acto puidemos disfrutar da actuación do coro Brisas do Mar de Camariñas e de mulleres de Xaviña. Así como degustar duns pinchos de productos típicos de Camariñas, entre os que se encontraba unha variedade de Conservas Boya, empanadas e pasteliños doces e salados da Panadería Perla.

Queremos agradecer a presenza de todos os que nos acompañaron nese día, a de todas as empresas que colaboraron para que o premio puidera levarse a cabo, Industrias Cerdeimar, Diario Camariñan, Que pasa en Camelle, Distribucións Vilán, Panadería Perla e Concello de Camariñas; así como a gran axuda que tivemos por parte de Emilio Roca, profesor do instituto IES Pedra da Aguia de Camariñas, que nos axudou moitísimo coa edición do vídeo. MOITAS GRAZAS A TODOS.

As 3 finalistas, Dolores Bermúdez Rojo, Divina Quiza Carril e Ana Mª Fondo Canosa



Actuación do Coro de Mulleres de Camariñas e Xaviña