Pedímosvos que todos “Abramos os Ollos“ e recordámosvos que “O silencio é unha forma de participar na violencia”.
Mediante una marcha-concentración que terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro as 20:00 h., Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, e que partirá da praza de Insuela (praza do Concello) de Camariñas, queremos facer especial fincapé nos casos de violencia de xénero mais graves, por rematar en morte, facendo unha pequena marcha e unha ofrenda floral polas víctimas asasinadas ao longo deste ano.
A asociación quere agradecer a colaboración que prestan para poder levar a cabo este acto o Concello de Camariñas, así como ao debuxante Rafa Navarro por conceder o uso do debuxo dos ollos que acompaña o lema desta campaña, “Abramos os Ollos“.
No hay comentarios:
Publicar un comentario