miércoles, 23 de marzo de 2011

XORNADAS DE EXPERIENCIAS DE MULLERES EMPRENDEDORAS





A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade está organizando, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, unhas “Xornadas de Experiencias de Mulleres Emprendedoras” que se levarán a cabo en Camariñas os vindeiros 8 e 9 de abril. Con elas o que pretendemos é a divulgación e intercambio de experiencias para a promoción económica de Camariñas.

Todas as persoas que teñan interese en asistir e participar poderán facelo de maneira Gratuita, inscribíndose previamente chamando aos números de teléfono 690 33 78 46 e 981 73 64 04 ou enviando os seus datos (nome, apelidos, dni, teléfono contacto...) ao correo electrónico da asocciación: mullercamarinas.igualdade@gmail.com

Ditas xornadas están subvencionadas pola Deputación da Coruña, e contamos coa colaboración da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e o Concello de Camariñas.





viernes, 11 de marzo de 2011

SUBVENCIÓN DEPUTACION DA CORUÑA

______________________________________________________


A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade adquiriu recentemente un equipo informático e audiovisual composto por un ordenador portátil, unha impresora e un cañón proxector. Dita adquisición foi subvencionada pola Deputación da Coruña, e grazas a ela a asociación poderá levar a cabo dunha maneira máis axil, crara e efectiva as súas actividades.

.

martes, 8 de marzo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, día 8 de marzo conmemórase o "Día Internacional da Muller", e dende a nosa asociación queremos apoiar a causa, facémolo dunha maneira moi sinxela pero non por iso menos significativa; queremos contarvos como xurdui o Día Internacional da Muller.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente chamado Día Internacional da Muller Traballadora, celébrase o día 8 de marzo e está recoñecido pola Organización das Nacións Unidas, ONU. Neste día conmemórase a loita da muller pola sua participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa. É festa nacional nalguns países.
A idea dun día internacional da muller surdiu o final do s. XIX, en plena revolución industrial e durante o auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia e reflexada por Aristófanes na súa obra Lisístrata, que conta como Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra, e que se viu reflexada na Revolución francesa: as mulleres parisinas, que pedían libertade, igualdade e fraternidade, marcharon hacia Versalles para exixir o sufraxio feminino, pero non foi sino ata os primeiros anos do s. XX cando comenzouse a proclamar, dende diferentes organizacións internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.

.