sábado, 26 de noviembre de 2011

TRASCURSO DA 2ª CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN CAMARIÑAS



Algunas mulleres e socias sosteñen a pancarta co eslogan da campaña


Por segundo ano consecutivo máis dun centenar de persoas asistiron onte as oito da noite a concentración en contra da violencia de xénero que organizamos dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.

O acto deu comezo cunha marcha que saiu da Praza do Concello, presidida pola directiva da nosa asociación portando a pancarta co lema do acto, as flores da ofrenda floral, e entre todas as persoas asistentes portáronse máis de 50 velas acendidas, unha por cada muller asasinada este ano victima de violencia de xénero. A pequena marcha chegou ata o malecón onde está situado o monumento a Muller, alí concentrámonos e deuse lectura a un breve manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vítimas da violencia de xénero no que levamos de ano.

Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puxeron unha vela acendida por cada unha das 56 vítimas deste ano aos pés do monumento, ao tempo ca presidenta nomeaba as vítimas unha a unha. Despois dun sentido aplauso pechouse o acto coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas.

Dende a asociación queremos agradecer a presenza de todas as persoas asistentes, por implicarse na causa e condenar públicamente a violencia de xénero. Grazas.


Saída da marcha da Praza do Concello

A presidenta lendo o manifesto


Unha vela acendida por cada vítima


Parte dos asistentes e do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas

miércoles, 16 de noviembre de 2011

MARCHA-CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

.



A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade quere invitar a todas as persoas do Concello de Camariñas e da comarca a participar e condenar públicamente a situación de violencia de xénero que estamos a vivir na actualidade.

Pedímosvos que todos Abramos os Ollos e recordámosvos que “O silencio é unha forma de participar na violencia”.

Mediante una marcha-concentración que terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro as 20:00 h., Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, e que partirá da praza de Insuela (praza do Concello) de Camariñas, queremos facer especial fincapé nos casos de violencia de xénero mais graves, por rematar en morte, facendo unha pequena marcha e unha ofrenda floral polas víctimas asasinadas ao longo deste ano.

A asociación quere agradecer a colaboración que prestan para poder levar a cabo este acto o Concello de Camariñas, así como ao debuxante Rafa Navarro por conceder o uso do debuxo dos ollos que acompaña o lema desta campaña, Abramos os Ollos“.



.