sábado, 26 de noviembre de 2011

TRASCURSO DA 2ª CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN CAMARIÑAS



Algunas mulleres e socias sosteñen a pancarta co eslogan da campaña


Por segundo ano consecutivo máis dun centenar de persoas asistiron onte as oito da noite a concentración en contra da violencia de xénero que organizamos dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade.

O acto deu comezo cunha marcha que saiu da Praza do Concello, presidida pola directiva da nosa asociación portando a pancarta co lema do acto, as flores da ofrenda floral, e entre todas as persoas asistentes portáronse máis de 50 velas acendidas, unha por cada muller asasinada este ano victima de violencia de xénero. A pequena marcha chegou ata o malecón onde está situado o monumento a Muller, alí concentrámonos e deuse lectura a un breve manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vítimas da violencia de xénero no que levamos de ano.

Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puxeron unha vela acendida por cada unha das 56 vítimas deste ano aos pés do monumento, ao tempo ca presidenta nomeaba as vítimas unha a unha. Despois dun sentido aplauso pechouse o acto coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas.

Dende a asociación queremos agradecer a presenza de todas as persoas asistentes, por implicarse na causa e condenar públicamente a violencia de xénero. Grazas.


Saída da marcha da Praza do Concello

A presidenta lendo o manifesto


Unha vela acendida por cada vítima


Parte dos asistentes e do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas

miércoles, 16 de noviembre de 2011

MARCHA-CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

.



A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade quere invitar a todas as persoas do Concello de Camariñas e da comarca a participar e condenar públicamente a situación de violencia de xénero que estamos a vivir na actualidade.

Pedímosvos que todos Abramos os Ollos e recordámosvos que “O silencio é unha forma de participar na violencia”.

Mediante una marcha-concentración que terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro as 20:00 h., Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, e que partirá da praza de Insuela (praza do Concello) de Camariñas, queremos facer especial fincapé nos casos de violencia de xénero mais graves, por rematar en morte, facendo unha pequena marcha e unha ofrenda floral polas víctimas asasinadas ao longo deste ano.

A asociación quere agradecer a colaboración que prestan para poder levar a cabo este acto o Concello de Camariñas, así como ao debuxante Rafa Navarro por conceder o uso do debuxo dos ollos que acompaña o lema desta campaña, Abramos os Ollos“.



.

domingo, 10 de abril de 2011

ÉXITO NAS XORNADAS DE MULLERES EMPRENDEDORAS DE CAMARIÑAS

.
Asistentes a unha das ponencias das xornadas


Dende a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade, queremos agradecer a participación de todas e todos os asistentes as xornadas que tiveron lugar na Casa da Pedra de Camariñas o pasado 8 e 9 de abril de 2011.

Quedamos moi contentas coa evolución das xornadas, tanto polo interese prestado polas/lo participantes, así como o das poñentes. Consideramos que foi un gran logro e que destas xornadas aprendéronse moitas cousas, sobre todo sobre o desenvolvemento e emprendenmento femenino da nosa comarca.


Poñentes do venres pola tarde


miércoles, 23 de marzo de 2011

XORNADAS DE EXPERIENCIAS DE MULLERES EMPRENDEDORAS





A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade está organizando, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, unhas “Xornadas de Experiencias de Mulleres Emprendedoras” que se levarán a cabo en Camariñas os vindeiros 8 e 9 de abril. Con elas o que pretendemos é a divulgación e intercambio de experiencias para a promoción económica de Camariñas.

Todas as persoas que teñan interese en asistir e participar poderán facelo de maneira Gratuita, inscribíndose previamente chamando aos números de teléfono 690 33 78 46 e 981 73 64 04 ou enviando os seus datos (nome, apelidos, dni, teléfono contacto...) ao correo electrónico da asocciación: mullercamarinas.igualdade@gmail.com

Ditas xornadas están subvencionadas pola Deputación da Coruña, e contamos coa colaboración da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e o Concello de Camariñas.





viernes, 11 de marzo de 2011

SUBVENCIÓN DEPUTACION DA CORUÑA

______________________________________________________


A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade adquiriu recentemente un equipo informático e audiovisual composto por un ordenador portátil, unha impresora e un cañón proxector. Dita adquisición foi subvencionada pola Deputación da Coruña, e grazas a ela a asociación poderá levar a cabo dunha maneira máis axil, crara e efectiva as súas actividades.

.

martes, 8 de marzo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, día 8 de marzo conmemórase o "Día Internacional da Muller", e dende a nosa asociación queremos apoiar a causa, facémolo dunha maneira moi sinxela pero non por iso menos significativa; queremos contarvos como xurdui o Día Internacional da Muller.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente chamado Día Internacional da Muller Traballadora, celébrase o día 8 de marzo e está recoñecido pola Organización das Nacións Unidas, ONU. Neste día conmemórase a loita da muller pola sua participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa. É festa nacional nalguns países.
A idea dun día internacional da muller surdiu o final do s. XIX, en plena revolución industrial e durante o auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia e reflexada por Aristófanes na súa obra Lisístrata, que conta como Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra, e que se viu reflexada na Revolución francesa: as mulleres parisinas, que pedían libertade, igualdade e fraternidade, marcharon hacia Versalles para exixir o sufraxio feminino, pero non foi sino ata os primeiros anos do s. XX cando comenzouse a proclamar, dende diferentes organizacións internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.

.